Fina Paulos e Óscar Rey, docentes de Secundaria no IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas), presentan o seu libro Intelixencia Artificial para a sociedade, o primeiro texto informativo en galego sobre esta tecnoloxía. A obra está pensada como unha guía teórico-práctica accesible a calquera persoa e ten como obxectivo promover un uso responsable, ético e consciente da IA, resaltando a importancia da privacidade, a seguridade e o respecto á diversidade.

Na entrevista, explican os retos da docencia da materia optativa de IA en 4º da ESO, como a rápida evolución da tecnoloxía, a necesidade de fomentar o pensamento crítico e o uso ético, e a loita contra prácticas como o plaxio. Destacan fitos históricos da IA, como os traballos de Alan Turing, e sinalan que actualmente estamos nunha fase de IA débil, centrada en tarefas específicas.

Tamén insisten en que a sociedade debe prepararse reforzando valores humanos como a empatía e o sentido común, e evitando delegar completamente nas máquinas, mantendo sempre a supervisión humana.

Por último, comentan os aspectos máis relevantes da Lei galega de IA (Lei 2/2025), pioneira en Europa, que obriga á avaliación de impacto sobre os dereitos fundamentais en calquera uso da IA por parte da administración. Tamén prevé a creación da Oficina de IA de Galicia, o Consello Galego de IA e a figura do Comisionado de IA.

Explore More

E se nos facemos pasar por outra persoa nunha video conferencia?

Cunha soa foto, a ferramenta de IA Deep-Live-Cam, permite facerse pasar por outra persoa nunha video conferencia. Impresiona o resultado acadado. Deep-Live-Cam é unha ferramenta de código aberto que permite

Estivemos no festival de cine educativo FOCO 2024

O noso Centro acudíu ó festival FOCO de cine educativo en Fuente Obejuna (Córdoba) a pasada fin de semana.Dúas alumnas de primeiro de Bacharelato, Yamila Vigo Landeira e Sonia Vázquez

A importancia da aprendizaxe no entorno

A compañeira Fina Paulos acaba de presentar na parroquia de Fornelos (Concello de Zas) «O Cabazo da Memoria», un proxecto no que se optou por ApS para a resolución do