Imaxe de Aspace Coruña

«O alumnado das materias de Educación Dixital e Intelixencia Artificial para a sociedade, visitaron hoxe as instalacións de ASPACE Coruña, entidade que atende a persoas con diversidade con parálise cerebral, acompañados polos seus profesores Óscar Rey e Fina Paulos. Este alumnado está traballando en dous proxectos dentro do programa Talentos Inclusivos que favorecerán a vida de usuarios desta entidade e tamén da Cruz Vermella. A visita enmárcase dentro da participación en Talentos e tivo como obxectivo coñecer as instalacións do centro que ofrece servizos como: fisioterapia, psicoloxía, talleres, piscina, atención de día e incluso permite a algúns usuarios poder optar a unha praza integral que lle permite vivir no propio centro.

O noso alumnado quedou gratamente sorprendido das posibilidades que ASPACE ofrece ás persoas con parálise cerebral e a visita tamén lles permitíu poder coñecer mellor como é a vida diaria dos usuarios.

Explore More

Presentación de Intelixencia Artificial para a sociedade en Muxía

Grazas á Asociación Cultural Xervasio Paz Lestón pola magnífica organización do acto. En especial, á compañeira Merce Barrientos Varela pola acollida e inciativa. Por suposto, a tod@s @s que vos

Nova formación no IES Felix Muriel de Rianxo

Comezamos nova formación sobre IA educativa no Ies Félix Muriel de Rianxo. Un pracer seguir partillando coñecemento para mellorar a profesión docente. O IES Félix Muriel é moito máis ca

A IA que SI axuda ao alumnado

Escenario educativo no que a IA axuda ao alumnado.Estudiamos profundamente a materia e creamos un caderno en #NotebookLM cos recursos e apuntamentos da unidade a traballar.👉Solicitamos á IA o cuestionario