
O pasado xoves, Gabriel Abuelo Kaewbun e Cristian Castro Vázquez de 1º e 2º Ciclo Medio Sistemas Microinformáticos e Redes respectivamente, participaron no programa “Tecnólog@ por un día “ que achega ao alumnado de 12 a 17 anos ás profesións dixitais e proporciona a oportunidade de experimentar unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.
Nesta ocasión os dous alumnos visitaron a empresa Grupo Altia en Ames, unha compañía que ofrece servizos de alto valor no ámbito das tecnóloxías da información e consultoría de transformación dixital. Os rapaces valoraron moi positivamente esta experiencia práctica con profesionais do sector para o que se están preparando..