Recollendo o premio do traballo realizado polo alumnado de 3ºESO, na materia de Educación Dixital do Maximino Romero de Lema, «Unha constitución para todos», coordinado pola compañeira Fina Paulos Lareo e eu, convocado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.
A representante do alumnado foi Leticia Vázquez Castiñeira. Voltamos de Madrid moi satisfeitos pola misión cumprida.
Recibimos o galardón na sé do Ministerio, da man do Secretario de Estado para a Educación, Abelardo de la Rosa.

Concurso “Unha Constitución para todos”: Educación en valores desde a aula

O Ministerio de Educación convoca unha nova edición do Concurso Nacional “Unha Constitución para todos”, co obxectivo de fomentar no alumnado a reflexión sobre o valor, a importancia e o papel que xoga a Constitución Española na vida cotiá.

Para que serve este concurso?

  • Para promover o pensamento crítico sobre os dereitos e deberes cidadáns.
  • Para traballar a educación en valores democráticos desde as primeiras etapas educativas.
  • Para dar voz ao alumnado, a través de expresións creativas como relatos, vídeos ou proxectos dixitais.

A quen vai dirixido?

Está aberto a estudantes de ensinanzas non universitarias en centros educativos de todo o Estado, organizados en cinco modalidades:

ModalidadeNivel educativo
A1º e 2º de Primaria
B3º a 6º de Primaria
CESO, FP Básica, Educación Especial e Adultos
DBacharelato e FP de Grao Medio
EFP de Grao Superior e ensinanzas de réxime especial

Formatos posibles

Os traballos poden presentarse en tres formatos:

  • Relato ou poesía
  • Proxecto en Scratch (linguaxe de programación)
  • Vídeo tipo bibliotráiler

Más información en la web oficial del Ministerio de educación.

Explore More

Estivemos na UNED de Ourense – A Rúa impartindo un curso sobre IA para a sociedade

Agradecemos a oportunidade de divulgar entre os estudantes da UNED e a población de Ourense, os nosos coñecementos sobre IA. Foi un auténtico pracer achegar esta formación á Rúa coa

Premio EDUCA ABANCA na categoría de FP

Moi agradecido por este galardón que xurde do alumnado e recolle un duro ano de traballo, recoñecido mediante un proceso de valoración esixente por parte do xurado de Educa. Grazas

Nominado ós IX Premios EDUCA ABANCA 2025

Grazas ao alumnado do IES Maximino Romero de Lema que considerou que debía ser nominado para os IX Premios EDUCA ABANCA 2025, na categoría de Formación Profesional. Non sei cal