Por fin, xogamos na casa. Un día moi especial co alumnado que poido coñecer a faceta «literaria» dos seus profes.

Un libro feito desde a aula

A obra, publicada por Medulia Editorial, é o primeiro manual escolar galego sobre intelixencia artificial, pensado para o alumnado de ESO e Bacharelato. Con contidos accesibles, exemplos prácticos e reflexións éticas, o libro busca achegar a IA á mocidade desde unha perspectiva crítica e humanista.

“Este libro nace no noso instituto, entre as aulas, as conversas e os soños compartidos co alumnado”, destacou Fina durante a presentación. “Queremos que a tecnoloxía sexa ferramenta de inclusión, non de exclusión”, engadiu Óscar.

Recoñecemento institucional

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou o centro días antes para felicitar aos autores e destacar o papel do IES Maximino como referente na innovación educativa en Galicia

Explore More

Comezamos nova edición en «Talentos inclusivos»

Tanto Fina Paulos como eu, voltamos este ano a coordinar o proxecto «Talentos Inclusivos» no noso centro. Hoxe tocou presentación no Museo «Casa das Ciencias» na Coruña.

Abalar Box, completamente operativo

Se eres docente en Galicia, toda información institucional e interna, xa pode pasar por #Abalarbox. Que é? Pois unha especie de Google Drive e We-Transfer, todo xuntiño, que che permite

Doa a túa voz en galego para a IA. Proxecto nós.

Proxecto de doazón de voces en galego para que a nosa lingua gañe presenza nas ferramentas de Intelixencia Artificial. Accede aquí O Proxecto Nós é unha iniciativa preciosa que busca