O día 10 de xaneiro de 1995 inaugurábase o IES Maximino Romero de Lema. Cúmplense hoxe 30 anos, e no centro o celebran como un día máis, como outro día especial.

A construción do centro culminou as aspiracións da vila de Baio que, a partir do legado do bispo Maximino Romero de Lema, loitou para conseguir este centro e achegar as posibilidades de formación a esta zona.

A partir de aí, durante estes 30 anos, centos, agora xa milleiros, de rapaces e rapazas da contorna pasaron por este Centro para continuar coa súa formación e desenvolvemento non só no plano académico senón tamén como persoas e cidadáns maduros e responsables.
Tamén foron moitos os profesionais, persoal docente e non docente, que fixeron posible que aqueles rapaces e rapazas se converteran en profesionais de todos os ámbitos, tarefa que continuamos na actualidade coas xeracións novas.

Hoxe, 30 anos despois, o IES Maximino Romero de Lema segue vivo, cos cambios propios froito do discorrer destes anos, pero mantendo o mesmo espírito dos seus promotores que permitiu, e seguirá propiciando, achegar un ensino público de calidade que permita mellorar as posibilidades e oportunidades do rural galego en igualdade con outras zonas.

Unha comunidade educativa que enriqueceu o continuo proceso de mellora do centro, convertido xa en referente comarcal e galego en innovación pedagóxica.

Esta conmemoración complementarase coa realización de diversas actividades ao longo do ano, ás que convidamos a participar a todas aquelas persoas que son parte desta historia.

Explore More

Trasteando con LLMs a nivel local: LM Studio

Dende o seu blog educativo, a miña compañeira Fina Paulos Lareo fai mención á potente ferramenta LM Studio, para a instalación e adestramento de modelos de linguaxe IA de forma

Doa a túa voz en galego para a IA. Proxecto nós.

Proxecto de doazón de voces en galego para que a nosa lingua gañe presenza nas ferramentas de Intelixencia Artificial. Accede aquí O Proxecto Nós é unha iniciativa preciosa que busca

Examinando Loopy

Loopy, novo modelo IA de código aberto para animación de avatares e fotografía. Elimina movementos ríxidos e dá máis naturalidade á animación. Promete. Comproba os resultados na seguinte ligazón: 👇