
Un resumo da tarde de onte en Ponteceso. Increíble a acollida. Grazas polas imaxes a Francisco Mosqueira Figueroa.
Lotes de gracias a tod@s @s que vos achegáchedes a Ponteceso.
Vindeiras paradas:
👉Sábado 2️⃣8️⃣ ás 11.00h na Casa da Senra en Bergondo. Organizado polo Concello de Bergondo .
👉Sábado 4️⃣ de xaneiro ás 17.30h no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme organizado por Asociación Cultural Insua de Viastela
Un libro feito desde a escola pública
Publicado por Medulia Editorial, este é o primeiro manual escolar en galego sobre intelixencia artificial, dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato. A obra combina explicacións accesibles, reflexións éticas e propostas didácticas que conectan a tecnoloxía co territorio, a lingua e os valores humanistas.
“Queremos que a IA se entenda como ferramenta de transformación social, non como ameaza”, sinalou Fina durante o acto. “Este libro nace no rural, pero fala para o mundo”, engadiu Óscar.
Ponteceso, berce de cultura e pensamento
A presentación contou coa colaboración do colectivo Ponteceso Cultura Permanente, que leva anos promovendo iniciativas literarias e educativas na vila. O evento foi tamén unha homenaxe á tradición intelectual da zona, marcada pola figura de Eduardo Pondal, e á capacidade do rural galego para liderar proxectos innovadores.