Chega o Nadal e as profes do cole de A Pereiriña e Brens, puxeron en práctica os coñecementos. Tarxetas de Nadal que incorporan NFC. Que chulada!

As dúas escolas unitarias —CEIP de Brens e EEI da Pereiriña— están a desenvolver un modelo educativo centrado na atención personalizada, a innovación pedagóxica e o vínculo co entorno rural. Durante este curso, destacan varias iniciativas formativas:

Educación ambiental

  • Celebración do Día da Árbore con visitas de axentes medioambientais (Fátima e Pepe), que explicaron ao alumnado como coidar os montes e a natureza.
  • Actividades de reciclaxe e coidado do entorno como parte do proxecto “Coidamos a natureza”.

Formación cultural e intercultural

  • Participación nunha xornada de convivencia entre Brens e A Pereiriña, con actuación do contacontos camerunés Boniface Ofogo, que compartiu historias do folclore africano.
  • Obradoiros musicais e visitas culturais, como a excursión conxunta ao MUNCYT e á Casa das Ciencias da Coruña.

Plan Dixital

  • Implementación do Plan Dixital 2024–2025 na EEI da Pereiriña, con recursos tecnolóxicos adaptados á etapa infantil e formación básica en competencias dixitais

Explore More

Comezamos nova edición en «Talentos inclusivos»

Tanto Fina Paulos como eu, voltamos este ano a coordinar o proxecto «Talentos Inclusivos» no noso centro. Hoxe tocou presentación no Museo «Casa das Ciencias» na Coruña.

Premio para o proxecto educativo «Miño en Xogo»

Coordinados polos premiadísimos mestres Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, xunto cos Judith Carbajo Vázquez, Xosé Francisco Velo Quintela, recibiron no GaiasTech o premio “Xigante Argalleiro”. Un premio

A Xunta recoñece «Intelixencia Artificial para a sociedade»

A Directora Xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou o noso IES para coñecer o traballo realizado na materias de Intelixencia Artificial e Educación Dixital coa compañeira Fina Paulos Lareo.