
Un traballo coa potencia de Polos Creativos e a grande capacidade de creación que leva no seu maxín o noso alumnado e comunidade educativa, que participou neste traballo tecnolóxico. Un proxecto interxeneracional que trascendeu fóra do centro, como debe ser. O bonito foi que o proxecto «Miño en xogo» contou coa participación de departamentos de humanidades e tecnoloxía. Xuntos por amosar o que sabemos facer dende a educación pública do rural, coa colaboración total da equipa directiva.
Xa somos
Xigantes Argalleiros.
Sobre o proxecto premiado
- Título: Miño en xogo
- Descrición: Un videoxogo educativo que mestura mitoloxía galega, xeografía e intelixencia artificial, ambientado nas paisaxes do río Miño.
- Obxectivo: Fomentar o coñecemento da cultura galega a través da gamificación e a tecnoloxía inclusiva.
- Enfoque: Interxeracional, colaborativo e con perspectiva de igualdade.
“Este premio é un recoñecemento ao traballo feito desde o rural, con paixón, innovación e compromiso social”, sinalaron os docentes durante o acto de entrega no Centro GaiásTech, o 25 de outubro.
Mas informacion no Diario de Bergantiños