O noso Centro acudíu ó festival FOCO de cine educativo en Fuente Obejuna (Córdoba) a pasada fin de semana.
Dúas alumnas de primeiro de Bacharelato, Yamila Vigo Landeira e Sonia Vázquez Tomé acompañados polo profesorado coordinador, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, acudiron ó Festival de curtametraxes Foco 24 de Fuente Objejuna en Córdoba coa curta “Precursoras en la lucha por la igualdad”, traballo destinado a promover a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia.
Esta curta, que foi seleccionada para o festival na categoría de campaña entre máis de 100 curtas candidatas, fai uso da intelixencia artificial para promover a igualdade.
As protoganistas da peza “entrevistan” dende Radio Baio, a Clara Campoamor e Emilia Pardo Bazán, para que coñecer como era a loita pola igualdade na época destas dúas persoeiras, loitadoras polos dereitos da muller nos seus distintos contextos históricos.
Finalmente, “Precursoras en la lucha por la igualdad” non poido acadar o premio pero, queremos subliñar a increíble experiencia que Yamila e Sonia recibiron no festival, participando con alumnado de distintas partes de España en actividades organizadas dende o xoves 17 ó 20 de outubro.
As alumnas conviviron cunha familia local que as acolleron nas súas casas durante estos días e viviron unha experiencia única de participar nun festival de cine educativo como FOCO.
Dende o IES Maximino Romero de Lema queremos agradecer o trato recibido por parte da organización do festival e, en especial a Carmen e Manuel, acolledores de Yamila e Sonia esos días, pola súa calidade humana e amabilidade.
O premio xa foi, sen dúbida, que Yamila e Sonia acudiran a este evento educativo do audiovisual que reuníu a moitos centros de España.

Explore More

A IA para por en valor a literatura galega

Traballo realizado co alumnado de 4ºESO para a materia de Intelixencia Artificial para a socieade. Aquí vedes o resultado

Encontro cos coordinadores de Plans de Formación de Profesorado

Hoxe estivemos na UNED Universidad Nacional de Educación a Distancia en A Coruña, convidados polo CFR A Coruña para difundir o traballo educativo con Intelixencia Artificial, no encontro de coordinadores

Participación en Tecnólogo por un día

O pasado xoves, Gabriel Abuelo Kaewbun e Cristian Castro Vázquez de 1º e 2º Ciclo Medio Sistemas Microinformáticos e Redes respectivamente, participaron no programa “Tecnólog@ por un día “ que