
Cunha soa foto, a ferramenta de IA Deep-Live-Cam, permite facerse pasar por outra persoa nunha video conferencia. Impresiona o resultado acadado.
Deep-Live-Cam é unha ferramenta de código aberto que permite facer intercambios de rostro en tempo real, crear avatares dinámicos e sincronizar expresións faciais durante transmisións en directo. Ideal para VTubers, streamers e artistas dixitais, funciona localmente e está deseñada para preservar a privacidade.
Características destacadas:
- Intercambio de caras en vídeo e webcam
- Sincronización labial realista
- Mapeo facial e mellora de imaxe con IA
- Funciona sen conexión e sen codificación
Podes usala con OBS ou outro software de streaming, e comezar a emitir cun avatar único, sen mostrar o teu rostro real.