A principal base das «Fake News» está no erro de cognición social coñecido como «sesgo de confirmación». En outras palabras, na tendencia a favorecer, interpretar e lembrar a información que confirma as nosas crenzas rexeitando posibles explicacións alternativas que non concordan coa nosa visión.
Pero isto, tamén é a base de algoritmos das redes sociais que nos suxiren todo o que nos encanta, fronte ao rexeitado.
