Presentamos dous proxectos educativos realizados polo alumnado de 4º e 3º da ESO do IES Maximino Romero de Lema para argallando.gal, coordinados por Fina Paulos Lareo, Fran Velo e eu.
O alumnado de terceiro realizou «Namórate do rural», un blog que recolle lendas, contos, historias e pezas de tradición oral que xeolocalizaron nun mapa da Costa da Morte.
Por outro lado, o alumnado de cuarto elaborou «O cabazo da memoria», un traballo que impacta polo uso da IA para a animación da fotografía antiga, que busca describir como eran as costumes sociais no século pasado. Recolleron fotos, déronlle animación, gravaron a descrición delas na radio do IES e vamos…aquí tedes o resultado.