
O Ministerio de Eduación acaba de comunicarme que, xunto á miña compañeira Fina Paulos, conseguimos o primeiro premio na categoría 3-modalidade B dos Premios Nacionales a Experiencias Educativas que fomentan la competencia digital del alumnado 2025.
Este premio valora a experiencia educativa que, mediante o uso innovador das tecnoloxías dixitais, fomenta a competencia dixital do alumnado, mellorando os procesos de ensino e aprendizaxe e servindo de exemplo para outros centros e compañeiros.
Moitas grazas. Seguimos traballando con moitos folgos e humildade por mellorar a educación pública do rural.