A educación dixital non vai só de usar tecnoloxía, senón de darlle un sentido real, inclusivo e transformador dentro e fóra da aula. Con esa premisa naceu «Miño en xogo», un proxecto ao que lle puxemos todo o entusiasmo e que hoxe nos regala unha noticia desas que fan ilusión e cargan as pilas para seguir innovando: ¡somos finalistas nos Premios Mentes AMI 2026!

Organizados pola Fundación Atresmedia, estes galardóns recoñecen as iniciativas educativas que mellor impulsan a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI), o pensamento crítico, os valores da competencia dixital e a creatividade nas aulas. Estar nominados na categoría de Desenvolvemento da Competencia Dixital representa un respaldo enorme ao traballo diario que desenvolvemos desde a educación pública galega.

Un proxecto con alma e tecnoloxía

«Miño en xogo» une innovación tecnolóxica, pensamento crítico e aprendizaxe-servizo. A través da integración de ferramentas dixitales e un enfoque ético da Intelixencia Artificial, o proxecto busca que o alumnado non sexa mero consumidor de contidos, senón axente activo na creación de solucións e relatos con impacto real no seu contorno.

Detrás de cada liña de código, de cada recurso deseñado e de cada dinámica traballada en clase, o obxectivo sempre foi o mesmo: democratizar a tecnoloxía e capacitar ao noso alumnado para desenvolverse de maneira crítica, ética e responsable nun mundo marcado polo impacto constante da IA e dos medios dixitales.

Próxima parada: Madrid, 17 de outubro

O vindeiro 17 de outubro de 2026 estaremos en Madrid para participar no Encuentro Mentes AMI, onde compartiremos espazo con docentes, especialistas e proxectos inspiradores de todo o país.

Independentemente do resultado final, o maior premio é ver como proxectos nacidos nas nosas aulas logran traspasar paredes e conectar con iniciativas tan necesarias para o futuro del ensino.

Queremos agradecer de corazón a todo o alumnado pola súa implicación constante, ás nosas comunidades educativas polo apoio incondicional e á organización de Mentes AMI por visibilizar o esforzo que se realiza desde as aulas públicas.

Explore More

Finalistas dos IV Premios Fouciño

O Maximino Romero de Lema xogará na casa. A curta «Educando na diversidade», elaborada por alumnas de 👉1Bacharelato, o curso pasado, é finalista aos Premios Fouciño do Concello De Zas

Premio nacional ás experiencias educativas que fomentan a competencia dixital do alumnado

O pasado luns recollemos o Premio nacional ás experiencias educativas que fomentan a competencia dixital do alumnado, convocado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes

Novo premio para «IA y síndrome de Rett»

O importante non era o premio, se non dar a coñecer a realidade de Daniela e a loita da súa familia, esta vez no festival Cine y Salud de de